Sexto, 3ª Aval.

Chegamos á meta! Última semana do curso por diante. Déixovos o  que preparei como despedida. Hoxe non toca traballo, toca festaaaa! Buscade pola imaxe! Hai unha curtrametraxe de debuxos, hai varias cancións divertidas... etc... Ah! e collede os vosos diplomas! Moitas grazas por todo! Coidádevos moito, vémonos á volta!


Bo día a todos e todas!! Última semana de traballo!! A semana que vén despedida e vacacións que ben as merecedes. Pois aquí vos deixo as últimas actividades deste curso para que fagades as que vos gusten ou apetezan. Apertas musicais para todos!




Olaaaa! Nova semana, novo mes e novas actividades!! E xa case estamos acabando!! Estou mooooi agradecida a todos os que cada semana acudides á cita musical e vos dades unha voltiña polas actividades que máis vos gustan. Moitas apertas para todos!


Bo día!! Xa temos por diante outra semaniña máis e con ela chegan tamén novas actividades musicais. Hai un pouquiño de todo para que fagades as que vos apetezan ou as que vos sexan máis fáciles. Esta semana faremos unha viaxe pola galaxia e coñeceremos un novo compositor. Quero agradecer ás familias e nenos e nenas que adican parte do seu tempo a facer estas actividades cos seus fillos o seu interese e implicación. Moitas grazas! Calquera dúbida, problema ou comentario que xurda, non dubidedes en poñervos en contacto comigo (ygguerra1@gmail.com). Tentarei dar resposta na maior brevidade posible. Tende paciencia se non é tan pronto como desexaríades, xa que por sorte Música é unha asignatura que teñen todos os nenos de cole!! Grazas pola vosa comprensión.



Ola chic@s! Como estades? Comeza unha nova semana e aquí vos deixo as actividades musicais para que pasedes uns momentos agradables (iso pretendo!). Grazas aos que cada semana vos esforzades en facelas polo voso interese. Espero que vos resulten divertidas e que aprendades algunha cousiña. Calquera cousa podedes comunicarvos comigo neste correo ygguerra1@gmail.com. Apertas musicais!






Ola nenos e nenas!! Déixovos as actividades musicais desta semana. Ide pasando as páxinas e fancéndoas ao pouco ata a última páxina que é un breve cuestionario. Calquera cousa non dubides en comunicarvos comigo ygguerra1@gmail.com. Que teñades boa semana!






Ola a todos e todas!! Como estades? Imos traballar estes días a figura de Beethoven, xa que este ano é o  250 aniversario do seu nacemento. Nas demais clases fixen varias propostas ás que podedes botar un ollo se queredes, pero para vós vou facer soamente unha porque pódevos levar varios días completala. Trátase dunha páxina web moi interesante e divertida con moitísima información sobre Beethoven. A páxina comeza mostrando a súa habitación e veredes que hai un montón de obxectos interactivos con moitísimas curiosidades,  informacións, audicións etc... Levaravos un tempo percorrer todos os recunchos e descubrir todo o que agocha. Tomádeo con calma. Non fai falta que leades todo, ide ao que máis vos interese. Nesa habitación hai un percheiro cun sombreiro. Se pinchades nel lévavos a un concurso de preguntas. Ten dous niveis. Teredes que facer o máis fácil, o difícil só para os atrevidos ou atrevidas. Trátase de completar as respostas ás preguntas que vos fan. Na primeira hai un erro. Pregúntavos cal é o nome da 6ª Sinfonía. tedes que poñer PASTORALE (xa vos dou eu a resposta porque non a ibades a saber) As demais están ben, tedes que prestar atención sobre todo á hora de escribir algúns nomes de persoas que son un pouco "raros" . O obxectivo do xogo é adiviñar unha palabra oculta. Cando a teñades enviádesme a resposta pinchando AQUÍ. Espero que vos guste. Sorte co xogo!