venres, 29 de setembro de 2017

Ballade

Aquí tedes a partitura da canción que empezamos a preparar na clase. Animádevos a practicala.
Ballade.mp3

xoves, 28 de setembro de 2017

Xogade con Beethoven

No día de onte Google estaba de aniversario e ofreceunos a posibilidade de xogar a varios xogos. Un deles é este que vos deixo aquí para que axudedes a Beethoven a ordenar algúns fragmentos de varias das súas obras máis coñecidas. Animádevos, é moi fácil e divertido. Se pinchades na imaxe xa podedes xogar.

luns, 25 de setembro de 2017

Para o samaín...



"Himno da Biblioteca"

No noso cole temos a sorte de contar cunha Biblioteca preciosa e extraordinaria, con máis libros e contos cada día. Como dentro dun mes máis ou menos (o 24 de outubro) se celebra o Día Inetrnacional da Biblioteca, desde a clase de Música estamos a aprender unha bonita canción que podedes ver e escoitar e practicar aquí. Ah! E fixádevos  neste vídeo como o fixeron os nen@s de 2º A e 4ºB nos primeiros ensaios!
    

mércores, 20 de setembro de 2017

Vacacións divertidísimas

Pois aquí temos o primeiro traballo do curso: un pequeno texto no que os nen@s de 3º B e 4º B contaron como lles foron as súas vacacións de verán. Parece que as pilas viñeron ben cargadas, xa que o fixeron así de ben! Se premedes nas imaxes podedes ver as fotos.

 

                    

mércores, 6 de setembro de 2017

Benvidos

Benvidos a todos os nenos, nenas e demais persoas que queiran darse unha volta por estes lares...
Comeza un novo curso (2017/2018) e un novo proxecto con este blog que poñemos en marcha, no que poderedes ir vendo pinceladas de diferentes traballos, actividades e todas as cousas que se nos vaian ocurrindo coas que ir medrando e aprendendo día a día. A desfrutar!