luns, 23 de marzo de 2020

As músicas do timbre

Olaa! Como seguimos sen poder vernos estiven a preparar esta actividade que espero que vos guste e vos entreteña un ratiño. Podedes xogar coa familia se se animan. Recordades todas as músicas que escoitamos no timbre cada semana? Pois aquí vos deixo este xogo para que unades cada múisca que escoitamos no timbre co seu ou coa súa intérprete. Pero ollo!  porque para complicalo un pouquiño están tamén algunhas do ano pasado. Seredes capaces de recordalas todas? Podedes contarme no chat como vos foi con esta actividade. Saúdos!

luns, 16 de marzo de 2020

Actividades Coronavirus

Como todos sabedes estamos a vivir unha situación de alarma que nos obrigou a suspender as clases e quedar na casa durante uns cantos días. Pero iso non vai impedir que sigamos traballando e desfrutando da música na medida en que poidamos. Por iso elaborei estes materiais que aquí vos deixo e que irei actualizando cada día. Sei que a materia de música só é unha vez á semana, pero eu tentarei deixarvos algunha cousiña para cada día para que vos sexan máis levadeiras as horas na casa, e ao mesmo tempo sigamos aprendendo. Un xogo, unha canción, algunha proposta diferente... Instalei tamén no blog un CHAT (está nunha das pestanas marróns)   para que vos poidades comunicar comigo se o desexades ou o  precisades. Agradecer as familias que axudedes aos vosos fillos a vosa mplicación. Moito ánimo para estes difíciles momentos!!