luns, 18 de marzo de 2019

Cantando polo planeta

O pasado venres 15 de marzo levouse a cabo a nivel mundial unha protesta estudiantil polo cambio climático que estamos a padecer e porque as persoas con capacidade para facer algo non o están a facer. Non queda apenas tempo, e parece que non somos conscientes do alcance e consecuencias das nosas accións. Na clase de música falaremos desta problemática e cantaremos e tocaremos unha canción que adaptei para concienciarnos todos e ser coñecedores do que está a acontecer, que é moi serio! Durante esta semana tamén escoitaremos no timbre do cole esta canción. Pasade as páxinas na presentación e poderedes ver vídeos da mesma, a letra e caraoque da canción e unha partitura con acompañamiento instrumental para os máis maiores.

xoves, 7 de marzo de 2019

Día da muller, 8 de marzo

Para celebrar este día tan importante no que as mulleres reivindicamos a igualdade e a non discriminación polo simple feito de ser mulleres que aínda segue producíndose en moitos ámbitos (social, laboral, familiar...) imos escoitar no timbre do cole a canción "As mozas son guerreiras" do grupo The Tetas´ Van do que forma parte a nosa antiga profe e compañeira Lorena.