martes, 31 de outubro de 2017

Por fin chegou o Samaín!

Hoxe 31 de outubro celebramos no cole o Samaín con moitas actividades. Irán aparecendo nesta entrada pouco a pouco. De momento podedes ver como cantan unha canción os nenos de segundo B e aos maiores de sexto interpretando coa frauta a "Marcha Fúnebre" de Chopin.