martes, 11 de setembro de 2018

Hoxe escoitamos...

A finais do curso pasado conseguimos algo que todos desexabamos e foi cambiar o timbre do cole tan molesto e estridente que tiñamos por música! Así pois ao longo de todo o curso imos poder disfrutar de diferentes tipos de música nas entradas ao cole, algo moito máis saudable para nós físca, mental e emocionalmente. Inauguramos o curso rendíndolle homenaxe a recentemente falecida Aretha Franklin para que a súa forza nos dea impulso para comezar o novo curso. Todo un luxo poder escoitar e disfrutar do seu talento musical.