xoves, 18 de xuño de 2020

Festival virtual de final de curso


Pois xa chegou o último día de curso e ímolo despedir cun festival virtual. Neste escenario tedes os últimos vídeos que me fostes mandando e que son dignos do mellor festival. Asique aquí están reunidos para que os vexades e disfrutedes. Os "artistas" participantes son: Antía Cruz de 5º de primaria, Mateo Pereira de catro anos, Mirene de catro anos tamén e o seu irmán Añel de 4º A, Daniel Janeiro de 4º B e o seu irmán Xavier Janeiro de 5 anos. Contamos tamén coa participación de Diego Rodríguez de cinco anos que nos enviou unha foto ben bonita. Grazas Diego! Poderedes disfrutar de interpretacións das diferentes actividades propostas ao longo deste tempo e o broche final o porán Daniel e Xavier Janeiro que farán unha versión da canción "It,s the finale countdown" que tocarán coa guitarra e o xilófono. Espero que vos guste e que valoredes o talento destes grandes músicos do presente e do futuro. Un aplauso para todos eles!! Grazas por participar!!

xoves, 11 de xuño de 2020

Hoxe saúda... Mateo Pereira!

Mateo Pereira comparte con nós o seu ratiño musical. No seu caso é ao piano! No vídeo podemos ver o que el presenta como "un concerto de piano". Moitas grazas Mateo, segue mantendo sempre a ilusión pola música! Encántanos verte!

martes, 9 de xuño de 2020

Momento musical de Gael

Hoxe vén saudarnos Gael de 3º curso que comparte con nós este vídeo co que quedaredes impresioandos polo seu talento musical. Fixádevos que ben toca a batería! Seguro que chegará a ser un excelente percusionista. Grazas polo teu vídeo, Gael. Encántanos verte!!


mércores, 3 de xuño de 2020

O momento musical de Mirene e Añel

Mirade a quen temos de novo por aquí. Aos dous irmáns Añel e Mirene que siguen demostrando que o ánimo non decae e continúan a facer cada semana as súas actividades musicais. Añel practicando unha coreografía de Queen e Mirene pola súa banda escoitando moi atenta "Yellow submarine" de The Beatles. Moi ben rapaces! Moitas grazas polo voso traballo e por compartilo con nós. Estamos encantados de vervos de novo!

martes, 2 de xuño de 2020

Diego fai unha guitarra!

Hoxe Diego, da clase de 5 anos quere compartir con nós este instrumento caseiro tan orixinal que fixo. Unha guitarra!! Non lle falta detalle. Grazas Diego por animarte a facelo e por compartir as fotos con nós. Encántanos verte!


luns, 1 de xuño de 2020

Así de ben o fai Leo!

Fixádevos no ben que leva Leo o ritmo!! Ademais de facelo con precisión a súa expresión demostra o ben que o pasa e como desfruta facendo esta canción. Moi ben Leo!! Grazas por compartir con nós este momento musical. Encántanos verte!