A fin de semana do 15 e 16 de abril un grupo de 19 nen@s do coro do noso cole participou na V edición de Ourencanto. O noso centro é o segundo ano que participa e moitos nenos repetían a experiencia vivida o ano pasado. Unha vez máis foi máxico! Pasámolo xenial! Traballamos duro, foi moito tempo de ensaios tanto o sábado coma o domingo pero tamén nos divertimos e aprendemos moitísimo: a ser pacientes, a insistir para que as cousas saian ben, a estar en silencio cando toca, a rirnos cando nos din cousas divertidas, a escoitar aos compañeiros, a cumplir cos horarios para que todo saia ben, a cantar mellor, a cantar moitos máis e escoitar o resultado, a pasar moito tempo xuntos, a coñecer nenos e nenas que traballan o mesmo ca nós, a sentir emocións moi intensas, e moitas cousas máis.... Hai que vivilo para entendelo, e nós tivemos a sorte e o privilexio de poder vivilo e sentilo. E despois dese fin de semana os nenos e nenas de terceiro e cuarto repetiron o concerto no auditorio para moitísimos nenos da cidade, que máis se pode pedir? Aquí podedes ver todas as fotos e vídeos deste V Certame de Ourencanto.