Quinto, 3ª Aval.

Chegamos á meta! Última semana do curso por diante. Déixovos o  que preparei como despedida. Hoxe non toca traballo, toca festaaaa! Buscade pola imaxe! Hai unha curtrametraxe de debuxos, hai varias cancións divertidas... etc... Ah! e collede os vosos diplomas! Moitas grazas por todo! Coidádevos moito, vémonos á volta!


Bo día a todos e todas!! Última semana de traballo!! A semana que vén despedida e vacacións que ben as merecedes. Pois aquí vos deixo as últimas actividades deste curso para que fagades as que vos gusten ou apetezan. Apertas musicais para todos!



Olaaaa! Nova semana, novo mes e novas actividades!! E xa case estamos acabando!! Estou mooooi agradecida a todos os que cada semana acudides á cita musical e vos dades unha voltiña polas actividades que máis vos gustan. Moitas apertas para todos!


Bo día!! Xa temos por diante outra semaniña máis e con ela chegan tamén novas actividades musicais. Hai un pouquiño de todo para que fagades as que vos apetezan ou as que vos sexan máis fáciles. Esta semana faremos unha viaxe pola galaxia e coñeceremos un novo compositor. Quero agradecer ás familias e nenos e nenas que adican parte do seu tempo a facer estas actividades cos seus fillos o seu interese e implicación. Moitas grazas! Calquera dúbida, problema ou comentario que xurda, non dubidedes en poñervos en contacto comigo (ygguerra1@gmail.com). Tentarei dar resposta na maior brevidade posible. Tende paciencia se non é tan pronto como desexaríades, xa que por sorte Música é unha asignatura que teñen todos os nenos de cole!! Grazas pola vosa comprensión.





Ola chic@s! Como estades? Como xa temos aquí unha nova semana, déixovos as actividades musicais para que as vaiades facendo ao longo destes días. Grazas a todos os que vos esforzades en facelas polo interese que demostrades. Alégrome de que esta semana sexades algúns máis! Déixovos o meu correo por se o  precisades para algo: ygguerra1@gmail.com. Que teñades unha boa semana. Apertas musicais!





Ola de novo a todos! Déixovos as actividades musicais desta semana. Ide pasando as páxinas e facéndoas ao pouo ata chegar á última que é un breve cuestionario. Calquera cousa non dubidedes en comunicarvos conmigo ygguerra1@gmail.com Que teñades boa semana!




Ola nenos e nenas! Sabíades que este ano Beethoven cumpriría 250 anos? Pois si! Celébrase o aniversario do seu nacemento. Por ese motivo imos aprender algunhas cousiñas sobre el, parécevos? Déixovos varias cousiñas: un vídeo para saber un poquiño sobre a súa persoa, unha presentación para escoitar algunha obra coñecida, un xogo e un episodio moi divertido da Pantera Rosa á que parece que non lle gusta moito Beethoven, e por último unha páxina web interesantísima e divertidísima que vos levará varios días explorala toda.  Espero que sexan do voso agrado estas actividades e como xa dixen noutros cursos, sempre que queirades podedes enviarme algunha foto facendo algunha actividade que vos guste. Eu gardareinas e de vez en cando colgareinas  no blog para que vos vexades os uns aos outros.