domingo, 10 de febreiro de 2019

David Bowie

En 5º A e B estamos a ler o libro "Mamá quero ser Ziggy Stardust" e imos ter a sorte de acudir a un encontro coa súa autora Iria Misa. Así pois na clase de Música non podíamos desaproveitar a ocasión de traballar a figura de David Bowie. Aquí vos queda a información para que a leades e vexades as veces que queirades.

Hoxe escoitamos...

A música da semana é da banda Coldplay, porque o seu cuarto disco naceu despois dunha visita do seu vocalista e compositor Chris Martin ao museo de Frida Khalo. A frase do seu último cadro "Viva la vida" foi a forza inspiradora que motivou ao cuarteto para renovar e cambiar o seu estilo musical. Para darlle continuidade ao traballo que se está realizando en plástica sobre esta pintora mexicana, esta semana escoitamos "Viva la vida" de Coldplay.

venres, 8 de febreiro de 2019

luns, 4 de febreiro de 2019

Musa de los vientos

Hoxe escoitamos...

Rematada a celebración do día da Paz, esta semana imos escoitar unha canción que homenaxea a Frida Kahlo porque os cursos de 1º e 3º a están traballando na área de plástica e así todas as demáis nenas e nenos do cole tamén a coñecen desde a área de música. Aquí vos queda a información!

martes, 29 de xaneiro de 2019

Exercicios de frauta

Estas son as cancións ou exercicios que están practicando os nenos e nenas de 3ºA,  3º B e 4º. Ánimo que cada vez o facedes mellor!

Partitura Harry Potter

Aquí vos queda a partitura que tantas ganas tiñades de tocar. Agora a practicala!

luns, 28 de xaneiro de 2019

Día da Paz

Así cantan os máis pequenos do cole esta canción tradicional polo día da Paz.

mércores, 23 de xaneiro de 2019

Exercicio de frauta de 3º

Así de ben se lles dá tocar a frauta as nenas e nenos de 3º que este ano están empezando a tocala por vez primeira!

Partituras para terceiro

martes, 22 de xaneiro de 2019

domingo, 20 de xaneiro de 2019

Carta aos pais

Na clase de valores en 2º á volta de Nadal escribimos unha carta aos nosos pais pedíndolles cousas que non fosen xoguetes, porque xa nolas trouxeran os Reis, nin cousas que custasen cartos. Este foi o resultado. Pasade de páxina para velas todas!

Día da Paz

Aquí vos deixo as cancións que escoitaremos no timbre con motivo do Día da Paz.

xoves, 17 de xaneiro de 2019

martes, 8 de xaneiro de 2019

Imagine

Música e xoguetes

Festival de Nadal 2018

Aquí vos deixamos todas as actuacións do festival de Nadal deste ano 2018. Grazas a todos os que o fixéstedes posible pola vosa ilusión e esforzo. Aquí está o resultado!

martes, 13 de novembro de 2018

Carlos Núñez

Empezamos esta semana escoitando a Carlos Núñez, un gran músico galego coñecido no mundo enteiro e que non podía faltar no noso repertorio.

luns, 12 de novembro de 2018

Michael Jackson

Estas dúas últimas semanas escoitamos a Michael Jackson con motivo da celebración do Samaín. Aquí vos queda a información.

luns, 8 de outubro de 2018

Montserrat Caballé

Esta fin de semana sorprendeunos a todos o falecemento da grandísima Montserrat Caballé. Por ise motivo quixemos rendirlle homenaxe escoitando a súa voz nas entradas ao cole e coñecéndoa un pouquiño máis nas clases de música.