domingo, 12 de maio de 2019
O piollo e a pulga
Esta semana escoitaremos no timbre do colo "O piollo e a pulga" cantada por Migallas, pois esta cantiga foi recollida por Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019, no "Cantigueiro de Cotobade". Aquí vos queda todo o material.
luns, 6 de maio de 2019
luns, 22 de abril de 2019
Xa estamos de volta!
E coas pilas ben cargadas para afrontar a recta final do curso. Así pois, quí vos queda a información da canción que escoitaremos no timbre, adicada ao Día do Libro, pois desde a clase de música tamén lles queremos dar a importancia que se merecen os nosos amigos os libros, cheos de contos, aventuras e sabiduría infinita!
Vacacións!
Así nos divertimos o último día na clase de música antes das vacacións! A ver se adiviñades quen é quen!
luns, 8 de abril de 2019
Día da poesía
Os alumnos de 2º de valores realizaron un pequeno traballo para conmemorar o Día da Poesía do que vos deixamos estas imaxes.
luns, 1 de abril de 2019
Escoitamos a Queen
Despois de ter recibidas numerosas peticións para escoitar a Queen no timbre do cole hoxe e durante esta semana por fin imos desfrutar desta gran banda británica!
luns, 18 de marzo de 2019
Cantando polo planeta
O pasado venres 15 de marzo levouse a cabo a nivel mundial unha protesta estudiantil polo cambio climático que estamos a padecer e porque as persoas con capacidade para facer algo non o están a facer. Non queda apenas tempo, e parece que non somos conscientes do alcance e consecuencias das nosas accións. Na clase de música falaremos desta problemática e cantaremos e tocaremos unha canción que adaptei para concienciarnos todos e ser coñecedores do que está a acontecer, que é moi serio! Durante esta semana tamén escoitaremos no timbre do cole esta canción. Pasade as páxinas na presentación e poderedes ver vídeos da mesma, a letra e caraoque da canción e unha partitura con acompañamiento instrumental para os máis maiores.
xoves, 7 de marzo de 2019
Día da muller, 8 de marzo
Para celebrar este día tan importante no que as mulleres reivindicamos a igualdade e a non discriminación polo simple feito de ser mulleres que aínda segue producíndose en moitos ámbitos (social, laboral, familiar...) imos escoitar no timbre do cole a canción "As mozas son guerreiras" do grupo The Tetas´ Van do que forma parte a nosa antiga profe e compañeira Lorena.
luns, 18 de febreiro de 2019
Hoxe escoitamos
Aquí vos deixo a música da semana. Desta vez da man do cine español. Os recentes premios Goya á mellor canción orixinal foron para Coque Malla polo seu tema "Este es el momento" da película "Campeones", asique... por que non escoitala no cole? así de paso tamén falamos da importancia que ten a música no cine!
domingo, 17 de febreiro de 2019
domingo, 10 de febreiro de 2019
David Bowie
En 5º A e B estamos a ler o libro "Mamá quero ser Ziggy Stardust" e imos ter a sorte de acudir a un encontro coa súa autora Iria Misa. Así pois na clase de Música non podíamos desaproveitar a ocasión de traballar a figura de David Bowie. Aquí vos queda a información para que a leades e vexades as veces que queirades.
Hoxe escoitamos...
A música da semana é da banda Coldplay, porque o seu cuarto disco naceu despois dunha visita do seu vocalista e compositor Chris Martin ao museo de Frida Khalo. A frase do seu último cadro "Viva la vida" foi a forza inspiradora que motivou ao cuarteto para renovar e cambiar o seu estilo musical. Para darlle continuidade ao traballo que se está realizando en plástica sobre esta pintora mexicana, esta semana escoitamos "Viva la vida" de Coldplay.
venres, 8 de febreiro de 2019
luns, 4 de febreiro de 2019
Hoxe escoitamos...
Rematada a celebración do día da Paz, esta semana imos escoitar unha canción que homenaxea a Frida Kahlo porque os cursos de 1º e 3º a están traballando na área de plástica e así todas as demáis nenas e nenos do cole tamén a coñecen desde a área de música. Aquí vos queda a información!
martes, 29 de xaneiro de 2019
Exercicios de frauta
Estas son as cancións ou exercicios que están practicando os nenos e nenas de 3ºA, 3º B e 4º. Ánimo que cada vez o facedes mellor!
Partitura Harry Potter
Aquí vos queda a partitura que tantas ganas tiñades de tocar. Agora a practicala!
luns, 28 de xaneiro de 2019
mércores, 23 de xaneiro de 2019
Exercicio de frauta de 3º
Así de ben se lles dá tocar a frauta as nenas e nenos de 3º que este ano están empezando a tocala por vez primeira!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
