luns, 23 de marzo de 2020

As músicas do timbre

Olaa! Como seguimos sen poder vernos estiven a preparar esta actividade que espero que vos guste e vos entreteña un ratiño. Podedes xogar coa familia se se animan. Recordades todas as músicas que escoitamos no timbre cada semana? Pois aquí vos deixo este xogo para que unades cada múisca que escoitamos no timbre co seu ou coa súa intérprete. Pero ollo!  porque para complicalo un pouquiño están tamén algunhas do ano pasado. Seredes capaces de recordalas todas? Podedes contarme no chat como vos foi con esta actividade. Saúdos!

luns, 16 de marzo de 2020

Actividades Coronavirus

Como todos sabedes estamos a vivir unha situación de alarma que nos obrigou a suspender as clases e quedar na casa durante uns cantos días. Pero iso non vai impedir que sigamos traballando e desfrutando da música na medida en que poidamos. Por iso elaborei estes materiais que aquí vos deixo e que irei actualizando cada día. Sei que a materia de música só é unha vez á semana, pero eu tentarei deixarvos algunha cousiña para cada día para que vos sexan máis levadeiras as horas na casa, e ao mesmo tempo sigamos aprendendo. Un xogo, unha canción, algunha proposta diferente... Instalei tamén no blog un CHAT (está nunha das pestanas marróns)   para que vos poidades comunicar comigo se o desexades ou o  precisades. Agradecer as familias que axudedes aos vosos fillos a vosa mplicación. Moito ánimo para estes difíciles momentos!!

luns, 13 de xaneiro de 2020

Festival de Nadal

Nesta presentación irán aparecendo todas as actuacións do festival de Nadal. Noraboa a todos polo traballo realizado, polo voso esforzo e sobre todo polas ganas e ilusión que mostrades sempre.

mércores, 8 de xaneiro de 2020

martes, 12 de novembro de 2019

domingo, 20 de outubro de 2019

Concerto de Música Electrónica

Proximamente os alumnos de 4º, 5º e 6º asistirán a un concerto no auditorio de música electrónica co que estou segura que aprenderán moitas cousas novas e o pasarán moi ben. Para ir entrando en materia déixovos esta presentación que traballaremos na clase.

domingo, 9 de xuño de 2019

Semana de sensibilización das discapacidades

Dende o Departamento de Orientación xunto co grupo de Dinamización da convivencia do centro ten organizada para a vindeira semana, do 10 ao 14 de xuño (ámbolos dous incluídos) unha semana chea de actividades de concienciación, sensibilización e reflexión en relación a algunhas das dificultades coas que se atopan as persoas con discapacidade.
Tamén pretendemos dar a coñecer medios. técnicas e/ou sistemas que utilizan as persoas con discapacidade no seu día a día.
Vos deixo a canción que escoitaremos esta semana no timbre de entrada e saída ao cole que nos fala da importancia de respectar e aceptar a diversidade. Premede no botón naranxa para esoitala.

domingo, 12 de maio de 2019

O piollo e a pulga

Esta semana escoitaremos no timbre do colo "O piollo e a pulga" cantada por Migallas, pois esta cantiga foi recollida por Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019, no "Cantigueiro de Cotobade". Aquí vos queda todo o material.

luns, 22 de abril de 2019

Xa estamos de volta!

E coas pilas ben cargadas para afrontar a recta final do curso. Así pois, quí vos queda a información da canción que escoitaremos no timbre, adicada ao Día do Libro, pois desde a clase de música tamén lles queremos dar a importancia que se merecen os nosos amigos os libros, cheos de contos, aventuras e sabiduría infinita!

Vacacións!

Así nos divertimos o último día na clase de música antes das vacacións! A ver se adiviñades quen é quen!

luns, 8 de abril de 2019

Día da poesía

Os alumnos de 2º de valores realizaron un pequeno traballo para conmemorar o Día da Poesía do que vos deixamos estas imaxes.

luns, 1 de abril de 2019

Escoitamos a Queen

Despois de ter recibidas numerosas peticións para escoitar a Queen no timbre do cole hoxe e durante esta semana por fin imos desfrutar desta gran banda británica!

luns, 18 de marzo de 2019

Cantando polo planeta

O pasado venres 15 de marzo levouse a cabo a nivel mundial unha protesta estudiantil polo cambio climático que estamos a padecer e porque as persoas con capacidade para facer algo non o están a facer. Non queda apenas tempo, e parece que non somos conscientes do alcance e consecuencias das nosas accións. Na clase de música falaremos desta problemática e cantaremos e tocaremos unha canción que adaptei para concienciarnos todos e ser coñecedores do que está a acontecer, que é moi serio! Durante esta semana tamén escoitaremos no timbre do cole esta canción. Pasade as páxinas na presentación e poderedes ver vídeos da mesma, a letra e caraoque da canción e unha partitura con acompañamiento instrumental para os máis maiores.

xoves, 7 de marzo de 2019

Día da muller, 8 de marzo

Para celebrar este día tan importante no que as mulleres reivindicamos a igualdade e a non discriminación polo simple feito de ser mulleres que aínda segue producíndose en moitos ámbitos (social, laboral, familiar...) imos escoitar no timbre do cole a canción "As mozas son guerreiras" do grupo The Tetas´ Van do que forma parte a nosa antiga profe e compañeira Lorena.

luns, 18 de febreiro de 2019

Hoxe escoitamos

Aquí vos deixo a música da semana. Desta vez da man do cine español. Os recentes premios Goya á mellor canción orixinal foron para Coque Malla polo seu tema "Este es el momento" da película "Campeones", asique... por que non escoitala no cole? así de paso tamén falamos da importancia que ten a música no cine!

domingo, 17 de febreiro de 2019

domingo, 10 de febreiro de 2019

David Bowie

En 5º A e B estamos a ler o libro "Mamá quero ser Ziggy Stardust" e imos ter a sorte de acudir a un encontro coa súa autora Iria Misa. Así pois na clase de Música non podíamos desaproveitar a ocasión de traballar a figura de David Bowie. Aquí vos queda a información para que a leades e vexades as veces que queirades.

Hoxe escoitamos...

A música da semana é da banda Coldplay, porque o seu cuarto disco naceu despois dunha visita do seu vocalista e compositor Chris Martin ao museo de Frida Khalo. A frase do seu último cadro "Viva la vida" foi a forza inspiradora que motivou ao cuarteto para renovar e cambiar o seu estilo musical. Para darlle continuidade ao traballo que se está realizando en plástica sobre esta pintora mexicana, esta semana escoitamos "Viva la vida" de Coldplay.

venres, 8 de febreiro de 2019