domingo, 29 de xaneiro de 2023

UNHA CANCIÓN PARA ROSALÍA

Como está a chegar o Día de Rosalía, imos aprender esta canción que espero que vos guste moito.

domingo, 8 de xaneiro de 2023

luns, 12 de decembro de 2022

Enola gay

Vídeo para os alumnos e alumnas de sexto.

mércores, 30 de novembro de 2022

domingo, 18 de setembro de 2022

FRAUTA

 

luns, 12 de setembro de 2022

Un repasiño moi sinxelo

 Con estes xogos imos repasar algúns contidos musicais, algúns  moi básicos. A ver se sodes quen de lembrar todo!


mércores, 7 de setembro de 2022

Benvidos ao novo curso 2022-2023

 Comezamos unha nova viaxe na que viviremos moitas aventuras musicais. Abrochade ben os cintos que comezamos! Boa viaxe amiguiños!



martes, 19 de abril de 2022

domingo, 6 de febreiro de 2022

TANXUGUEIRAS

 Como moitos me pedides que poña no blog os vídeos de Tanxugueiras déixovolos aquí para que os vexades.

xoves, 7 de xaneiro de 2021

Festival de Nadal

 Este curso no que todo é diferente o noso festival de Nadal non podía ser menos. Así pois non quixemos deixar de facer o noso particular fetival nun formato adaptado á situación actual. Aquí vos quedan os vídeos de diferentes actividades levadas a cabo neste trimestre polas diferentes clases. 

domingo, 8 de novembro de 2020

TOMA CASTAÑA

Como xa case estamos de magosto, esta semana escoitamos a canción "Castañas asadas"

domingo, 25 de outubro de 2020

Música da Semana

Como xa se está achegando o samaín esta semana escoitaremos unha canción relacionada con esta celebración. Titúlase "O tren do pesadelo".

domingo, 18 de outubro de 2020

Música da semana

Esta semana escoitamos unha simpática canción relacionada co Día da Biblioteca que se celebra o 24 de outubro. Espero que vos guste!

domingo, 4 de outubro de 2020

domingo, 20 de setembro de 2020

luns, 14 de setembro de 2020

Repasamos

Déixovos dúas actividades de repaso. Unha delas é un repaso dalgúns contidos musicais e outra son varios exercicios rítmicos moi divertidos que atopei na web de Mª Jesús Camino. Grazas! 

xoves, 10 de setembro de 2020

ÉRASE UNHA VEZ UN NOVO COMEZO

 Aquí estamos de novo cun curso por diante cheo de retos. Tentaremos sacalo adiante da mellor forma posible, con máscara e distancia de seguridade incluídas!. Aínda que esas mediadas nos impidan tocar e cantar xuntos, buscaremos o xeito de facelo. Seguro que o atopamos! Só hai que querer! Para comezar déixovos o tema da Música desta semana. Trátase da última canción de Pau Donés, solista do grupo "Jarabe de Palo". Déixovos tamén unha adaptación que fixen da súa letra para que a cantedes na casiña!

xoves, 18 de xuño de 2020

Festival virtual de final de curso


Pois xa chegou o último día de curso e ímolo despedir cun festival virtual. Neste escenario tedes os últimos vídeos que me fostes mandando e que son dignos do mellor festival. Asique aquí están reunidos para que os vexades e disfrutedes. Os "artistas" participantes son: Antía Cruz de 5º de primaria, Mateo Pereira de catro anos, Mirene de catro anos tamén e o seu irmán Añel de 4º A, Daniel Janeiro de 4º B e o seu irmán Xavier Janeiro de 5 anos. Contamos tamén coa participación de Diego Rodríguez de cinco anos que nos enviou unha foto ben bonita. Grazas Diego! Poderedes disfrutar de interpretacións das diferentes actividades propostas ao longo deste tempo e o broche final o porán Daniel e Xavier Janeiro que farán unha versión da canción "It,s the finale countdown" que tocarán coa guitarra e o xilófono. Espero que vos guste e que valoredes o talento destes grandes músicos do presente e do futuro. Un aplauso para todos eles!! Grazas por participar!!

xoves, 11 de xuño de 2020

Hoxe saúda... Mateo Pereira!

Mateo Pereira comparte con nós o seu ratiño musical. No seu caso é ao piano! No vídeo podemos ver o que el presenta como "un concerto de piano". Moitas grazas Mateo, segue mantendo sempre a ilusión pola música! Encántanos verte!

martes, 9 de xuño de 2020

Momento musical de Gael

Hoxe vén saudarnos Gael de 3º curso que comparte con nós este vídeo co que quedaredes impresioandos polo seu talento musical. Fixádevos que ben toca a batería! Seguro que chegará a ser un excelente percusionista. Grazas polo teu vídeo, Gael. Encántanos verte!!