luns, 24 de setembro de 2018
mércores, 19 de setembro de 2018
Percusión corporal
Exercicios que traballaremos a principio de curso para practicar a percusión corporal.
martes, 11 de setembro de 2018
Hoxe escoitamos...
A finais do curso pasado conseguimos algo que todos desexabamos e foi cambiar o timbre do cole tan molesto e estridente que tiñamos por música! Así pois ao longo de todo o curso imos poder disfrutar de diferentes tipos de música nas entradas ao cole, algo moito máis saudable para nós físca, mental e emocionalmente. Inauguramos o curso rendíndolle homenaxe a recentemente falecida Aretha Franklin para que a súa forza nos dea impulso para comezar o novo curso. Todo un luxo poder escoitar e disfrutar do seu talento musical.
Benvidos de novo!
Aquí estamos un curso máis cheo de ilusións e ganas de seguir mellorando e aprendendo. Benvidos a todos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)