domingo, 31 de maio de 2020

A frauta de pan de Alexandre

Alexandre da clase de 5 anos, fixo esta estupenda e colorida frauta de pan que comparte con nós. Grazas Alexandre!

xoves, 28 de maio de 2020

Momentos musicais de Añel e Mirene

Hoxe temos aquí a Añel e Mirene que nos regalan estes vídeos onde podemos ver o ben que fan as actividades de música. Fixádevos o concentrado e entusiasmado que está Añel e Mirene pola súa parte escoita moi contenta unha das cancións das actividades. Alegrámonos moitísimo de vervos! Grazas pola vosa aportacion!

martes, 26 de maio de 2020

Hoxe saúdanos... Antía Cruz

Antía Cruz de 5º comparte con nós dous momentos musicais destes días. Un,  facendo un acompañamento rítmico con palmas e outro practicando coa frauta unha canción que fixemos no cole. Estupendo traballo Antía. Moitas grazas por compartilo con nós, alegrámonos de verte!!

luns, 25 de maio de 2020

Saúdan Diego e Raúl!

Hoxe comparten con nós os seus traballos musicais dous irmáns: Raúl Rodríguez de 5ª de primaria e o seu irmán Diego , da clase de cinco anos. Moitas grazas nenos polo voso esforzo  interese! Qué propostas e ideas tan orixinais! Fixádevos! Notas musicais con pompóns!! 
 


 

xoves, 21 de maio de 2020

As vosas fotos e vídeos. Hoxe: Mateo e Álvaro!


Hoxe temos a Mateo de primeiro que nos envía un vídeo bailando a canción desta semana. Fixádevos que ben o pasa!! Tamén  Álvaro de terceiro  animouse a  costruír este instrumento musical tan orixinal. Sabedes o que é? Un pau de chuvia. Moitísimas grazas aos dous por adicarlle á música un ratiño do voso tempo e por compartir con nós as vosas experiencias. Biquiños!


venres, 15 de maio de 2020

Resposta as vosas dúbidas

Sodes moit@s os que me escribides a través do formulario de contacto que hai neste blog para facer algún comentario ou pregunta. Está xenial e agradezo todas e cada unha das intervencións e gústame dar resposta a todas en canto podo, pero non sempre é posible porque en moitos casos non poñedes o voso correo! Se poñedes o voso correo eu contestarei aos vosos comentarios senon déixovos aclarado que recibo e leo todo o que me escribides e ademais, encántame que o fagades! Aclaro tamén que os cuestionarios que cubren os nenos ao rematar as actividades recíboos todos, non vos preocupedes, en canto clican no cadro de enviar xa o recibo eu coas súas respostas e comentarios. O que si vos pediría e que puxeran o nome, porque moitas veces só poñen o curso e así non podo saber de quen é o cuestionario.. Mil grazas a todos polo voso interese e comentarios e moitísimos bicos para todos os nenos e nenas. Eu tamén vos boto de menos requetemoitísimo... 

luns, 11 de maio de 2020

As vosas fotos e debuxos





Algúns nenos enviáronme fotos ou debuxos das actividades da semana pasada que vos deixo aquí para que todos as vexades. Podedes ver os debuxos que lles inspirou a música de Beethoven a Iker, Alexandre, Xavi e Anxo Rodríguez e tamén podedes ver a Unai e a Lena de 3º moi entretidos facendo as actividades de música e a Brais tocando o seu instrumento favorito. Grazas a todos polo voso interese e ilusión!



Lena Santos facendo as actividades de música





Brais co clarinete, o seu instrumento favorito


Anxo Rodríguez Diz co seu traballo de Beethoven
           
                                                                                                                                                               
Unai Espinosa facendo actividades de Beethoven  
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                

mércores, 6 de maio de 2020

"Chea de vida"

Xa podedes ver o resultado da montaxe cos  vídeos que me mandastes cantando a canción "Chea de vida" de Guadi Galego. Moitas grazas a todos os que vos animastes a participar, sei o esforzo que supón facelo nestas circunstacias asique todo agradecemento é pouco!!