xoves, 17 de xaneiro de 2019
martes, 8 de xaneiro de 2019
Festival de Nadal 2018
Aquí vos deixamos todas as actuacións do festival de Nadal deste ano 2018. Grazas a todos os que o fixéstedes posible pola vosa ilusión e esforzo. Aquí está o resultado!
martes, 13 de novembro de 2018
Carlos Núñez
Empezamos esta semana escoitando a Carlos Núñez, un gran músico galego coñecido no mundo enteiro e que non podía faltar no noso repertorio.
luns, 12 de novembro de 2018
Michael Jackson
Estas dúas últimas semanas escoitamos a Michael Jackson con motivo da celebración do Samaín. Aquí vos queda a información.
luns, 8 de outubro de 2018
Montserrat Caballé
Esta fin de semana sorprendeunos a todos o falecemento da grandísima Montserrat Caballé. Por ise motivo quixemos rendirlle homenaxe escoitando a súa voz nas entradas ao cole e coñecéndoa un pouquiño máis nas clases de música.
luns, 24 de setembro de 2018
mércores, 19 de setembro de 2018
Percusión corporal
Exercicios que traballaremos a principio de curso para practicar a percusión corporal.
martes, 11 de setembro de 2018
Hoxe escoitamos...
A finais do curso pasado conseguimos algo que todos desexabamos e foi cambiar o timbre do cole tan molesto e estridente que tiñamos por música! Así pois ao longo de todo o curso imos poder disfrutar de diferentes tipos de música nas entradas ao cole, algo moito máis saudable para nós físca, mental e emocionalmente. Inauguramos o curso rendíndolle homenaxe a recentemente falecida Aretha Franklin para que a súa forza nos dea impulso para comezar o novo curso. Todo un luxo poder escoitar e disfrutar do seu talento musical.
Benvidos de novo!
Aquí estamos un curso máis cheo de ilusións e ganas de seguir mellorando e aprendendo. Benvidos a todos!
mércores, 30 de maio de 2018
A frauta de Pan de Añel
Añel de 2º B visitou a clase de música dos nenos de 1º e ensinoulles unha frauta de pan que fixo na casa. Explicoulles como a elaborou e por que recibe ese nome. Todos tiveron ocasión de comprobar como soa. Grazas Añel. Foi unha actividade moi interesante.
venres, 16 de marzo de 2018
Exercicio Musical de 3ºB
Na clase de Música os nenos e nenas de 3º B practicamos coa frauta e metalófonos este sinxelo exercicio.
domingo, 4 de marzo de 2018
xoves, 1 de marzo de 2018
Exercicio musical de 4ºB
Na clase de música de onte os nenos de cuarto B fixeron este sinxelo exercicio con frautas e acompañamento de placas e pequena percusión.
luns, 19 de febreiro de 2018
ENTROIDO
O Entroido chegou e celebrámolo por todo o alto con distintas actividades que podedes ver premendo nos distintos elementos animados da imaxe. Grazas a todos os que fixestes posible que todo saise moi ben!!
luns, 8 de xaneiro de 2018
Día da Paz
Aquí tedes as dúas cancións que imos traballar para o día da Paz, "Baile da Paz" de Mamá Cabra e "Intenta respetar" de Carlos Baute.
domingo, 7 de xaneiro de 2018
Festival de Nadal
Antes de comezar as vacacións de Nadal celebramos o noso festival de Nadal como todos os anos, no que non podían faltar bailes, cancións, panxoliñas, teatro e moitas cousas máis. Aquí podedes ver as fotos e vídeos de todo o que fixemos con tanto esforzo e ilusión.
ÁLBUM DE FOTOS FESTIVAL DE NADAL 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
