martes, 31 de outubro de 2017
Por fin chegou o Samaín!
Hoxe 31 de outubro celebramos no cole o Samaín con moitas actividades. Irán aparecendo nesta entrada pouco a pouco. De momento podedes ver como cantan unha canción os nenos de segundo B e aos maiores de sexto interpretando coa frauta a "Marcha Fúnebre" de Chopin.
luns, 30 de outubro de 2017
domingo, 29 de outubro de 2017
Aquí non hai quen viva
Os nenos e nenas de 3º B e 4º B, fixeron uns textos de escritura creativa relacionados co samaín que levan por título "Aquí non hai quen viva". Podédelos ver no seguinte vídeo.
luns, 16 de outubro de 2017
Co corazón feito cinzas...
Que as vosas conciencias e corazóns sexan sempre tan inocentes coma hoxe. Oxalá vós melloredes o futuro...
sábado, 14 de outubro de 2017
Un ritmo para o Samaín
Os alumn@s de 5º estiveron a practicar un ritmo coa melodía da serie "A Familia Adams". O divertido é que o fixeron cuns instrumentos moi especiais: as súas propias carpetas! No vídeo podédelo ver aínda que a grabación non é de moita calidade.
domingo, 8 de outubro de 2017
Máis ensaios...
Tamén os maiores do cole practican a canción, pero eles o fan cun valor engadido que é acompañala cun ritmo percutido con palillos chinos.
Seguimos ensaiando para o día da Biblioteca. Aquí vos deixo o vídeo d@s pequen@s de 5 e 4 anos e d@s nen@s de 1º e 2º B.
Seguimos ensaiando para o día da Biblioteca. Aquí vos deixo o vídeo d@s pequen@s de 5 e 4 anos e d@s nen@s de 1º e 2º B.
xoves, 5 de outubro de 2017
Que ilusión tocar a frauta!
Din que unha imaxe vale máis ca mil palabras, pois fixádevos que ben o fixeron o PRIMEIRO día que os nen@s de 3ºA e 3ºB colleron a súa frauta. Que ganas tiñan! por iso o fixeron tan ben. Seguide así rapaces!
Aquí vos deixo a vosa partitura coa súa instrumentación, para que sigades practicando a nota SI.
mércores, 4 de outubro de 2017
luns, 2 de outubro de 2017
A fada de azucre
Aquí podedes ver a clase de hoxe dos alumn@s de 4ºA na que acompñaron a "Danza da Fada de Azucre" con instrumentos de pequena percusión. Moi ben para facelo só dúas veces!
venres, 29 de setembro de 2017
Ballade
Aquí tedes a partitura da canción que empezamos a preparar na clase. Animádevos a practicala.
Ballade.mp3
xoves, 28 de setembro de 2017
Xogade con Beethoven
No día de onte Google estaba de aniversario e ofreceunos a posibilidade de xogar a varios xogos. Un deles é este que vos deixo aquí para que axudedes a Beethoven a ordenar algúns fragmentos de varias das súas obras máis coñecidas. Animádevos, é moi fácil e divertido. Se pinchades na imaxe xa podedes xogar.
luns, 25 de setembro de 2017
"Himno da Biblioteca"
No noso cole temos a sorte de contar cunha Biblioteca preciosa e extraordinaria, con máis libros e contos cada día. Como dentro dun mes máis ou menos (o 24 de outubro) se celebra o Día Inetrnacional da Biblioteca, desde a clase de Música estamos a aprender unha bonita canción que podedes ver e escoitar e practicar aquí. Ah! E fixádevos neste vídeo como o fixeron os nen@s de 2º A e 4ºB nos primeiros ensaios!
mércores, 20 de setembro de 2017
Vacacións divertidísimas
mércores, 6 de setembro de 2017
Benvidos
Benvidos a todos os nenos, nenas e demais persoas que queiran darse unha volta por estes lares...
Comeza un novo curso (2017/2018) e un novo proxecto con este blog que poñemos en marcha, no que poderedes ir vendo pinceladas de diferentes traballos, actividades e todas as cousas que se nos vaian ocurrindo coas que ir medrando e aprendendo día a día. A desfrutar!
Comeza un novo curso (2017/2018) e un novo proxecto con este blog que poñemos en marcha, no que poderedes ir vendo pinceladas de diferentes traballos, actividades e todas as cousas que se nos vaian ocurrindo coas que ir medrando e aprendendo día a día. A desfrutar!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


