domingo, 20 de setembro de 2020
luns, 14 de setembro de 2020
Repasamos
Déixovos dúas actividades de repaso. Unha delas é un repaso dalgúns contidos musicais e outra son varios exercicios rítmicos moi divertidos que atopei na web de Mª Jesús Camino. Grazas!
xoves, 10 de setembro de 2020
ÉRASE UNHA VEZ UN NOVO COMEZO
Aquí estamos de novo cun curso por diante cheo de retos. Tentaremos sacalo adiante da mellor forma posible, con máscara e distancia de seguridade incluídas!. Aínda que esas mediadas nos impidan tocar e cantar xuntos, buscaremos o xeito de facelo. Seguro que o atopamos! Só hai que querer! Para comezar déixovos o tema da Música desta semana. Trátase da última canción de Pau Donés, solista do grupo "Jarabe de Palo". Déixovos tamén unha adaptación que fixen da súa letra para que a cantedes na casiña!
xoves, 18 de xuño de 2020
Festival virtual de final de curso
Pois xa chegou o último día de curso e ímolo despedir cun festival virtual. Neste escenario tedes os últimos vídeos que me fostes mandando e que son dignos do mellor festival. Asique aquí están reunidos para que os vexades e disfrutedes. Os "artistas" participantes son: Antía Cruz de 5º de primaria, Mateo Pereira de catro anos, Mirene de catro anos tamén e o seu irmán Añel de 4º A, Daniel Janeiro de 4º B e o seu irmán Xavier Janeiro de 5 anos. Contamos tamén coa participación de Diego Rodríguez de cinco anos que nos enviou unha foto ben bonita. Grazas Diego! Poderedes disfrutar de interpretacións das diferentes actividades propostas ao longo deste tempo e o broche final o porán Daniel e Xavier Janeiro que farán unha versión da canción "It,s the finale countdown" que tocarán coa guitarra e o xilófono. Espero que vos guste e que valoredes o talento destes grandes músicos do presente e do futuro. Un aplauso para todos eles!! Grazas por participar!!
xoves, 11 de xuño de 2020
Hoxe saúda... Mateo Pereira!
Mateo Pereira comparte con nós o seu ratiño musical. No seu caso é ao piano! No vídeo podemos ver o que el presenta como "un concerto de piano". Moitas grazas Mateo, segue mantendo sempre a ilusión pola música! Encántanos verte!
martes, 9 de xuño de 2020
Momento musical de Gael
Hoxe vén saudarnos Gael de 3º curso que comparte con nós este vídeo co que quedaredes impresioandos polo seu talento musical. Fixádevos que ben toca a batería! Seguro que chegará a ser un excelente percusionista. Grazas polo teu vídeo, Gael. Encántanos verte!!
mércores, 3 de xuño de 2020
O momento musical de Mirene e Añel
Mirade a quen temos de novo por aquí. Aos dous irmáns Añel e Mirene que siguen demostrando que o ánimo non decae e continúan a facer cada semana as súas actividades musicais. Añel practicando unha coreografía de Queen e Mirene pola súa banda escoitando moi atenta "Yellow submarine" de The Beatles. Moi ben rapaces! Moitas grazas polo voso traballo e por compartilo con nós. Estamos encantados de vervos de novo!
martes, 2 de xuño de 2020
Diego fai unha guitarra!
Hoxe Diego, da clase de 5 anos quere compartir con nós este instrumento caseiro tan orixinal que fixo. Unha guitarra!! Non lle falta detalle. Grazas Diego por animarte a facelo e por compartir as fotos con nós. Encántanos verte!
luns, 1 de xuño de 2020
Así de ben o fai Leo!
Fixádevos no ben que leva Leo o ritmo!! Ademais de facelo con precisión a súa expresión demostra o ben que o pasa e como desfruta facendo esta canción. Moi ben Leo!! Grazas por compartir con nós este momento musical. Encántanos verte!
domingo, 31 de maio de 2020
A frauta de pan de Alexandre
Alexandre da clase de 5 anos, fixo esta estupenda e colorida frauta de pan que comparte con nós. Grazas Alexandre!
xoves, 28 de maio de 2020
Momentos musicais de Añel e Mirene
Hoxe temos aquí a Añel e Mirene que nos regalan estes vídeos onde podemos ver o ben que fan as actividades de música. Fixádevos o concentrado e entusiasmado que está Añel e Mirene pola súa parte escoita moi contenta unha das cancións das actividades. Alegrámonos moitísimo de vervos! Grazas pola vosa aportacion!
martes, 26 de maio de 2020
Hoxe saúdanos... Antía Cruz
Antía Cruz de 5º comparte con nós dous momentos musicais destes días. Un, facendo un acompañamento rítmico con palmas e outro practicando coa frauta unha canción que fixemos no cole. Estupendo traballo Antía. Moitas grazas por compartilo con nós, alegrámonos de verte!!
luns, 25 de maio de 2020
Saúdan Diego e Raúl!
xoves, 21 de maio de 2020
As vosas fotos e vídeos. Hoxe: Mateo e Álvaro!
Hoxe temos a Mateo de primeiro que nos envía un vídeo bailando a canción desta semana. Fixádevos que ben o pasa!! Tamén Álvaro de terceiro animouse a costruír este instrumento musical tan orixinal. Sabedes o que é? Un pau de chuvia. Moitísimas grazas aos dous por adicarlle á música un ratiño do voso tempo e por compartir con nós as vosas experiencias. Biquiños!
venres, 15 de maio de 2020
Resposta as vosas dúbidas
Sodes moit@s os que me escribides a través do formulario de contacto que hai neste blog para facer algún comentario ou pregunta. Está xenial e agradezo todas e cada unha das intervencións e gústame dar resposta a todas en canto podo, pero non sempre é posible porque en moitos casos non poñedes o voso correo! Se poñedes o voso correo eu contestarei aos vosos comentarios senon déixovos aclarado que recibo e leo todo o que me escribides e ademais, encántame que o fagades! Aclaro tamén que os cuestionarios que cubren os nenos ao rematar as actividades recíboos todos, non vos preocupedes, en canto clican no cadro de enviar xa o recibo eu coas súas respostas e comentarios. O que si vos pediría e que puxeran o nome, porque moitas veces só poñen o curso e así non podo saber de quen é o cuestionario.. Mil grazas a todos polo voso interese e comentarios e moitísimos bicos para todos os nenos e nenas. Eu tamén vos boto de menos requetemoitísimo...
luns, 11 de maio de 2020
As vosas fotos e debuxos
Algúns nenos enviáronme fotos ou debuxos das actividades da semana pasada que vos deixo aquí para que todos as vexades. Podedes ver os debuxos que lles inspirou a música de Beethoven a Iker, Alexandre, Xavi e Anxo Rodríguez e tamén podedes ver a Unai e a Lena de 3º moi entretidos facendo as actividades de música e a Brais tocando o seu instrumento favorito. Grazas a todos polo voso interese e ilusión!

Lena Santos facendo as actividades de música

Brais co clarinete, o seu instrumento favorito

Anxo Rodríguez Diz co seu traballo de Beethoven
![]() |
| Unai Espinosa facendo actividades de Beethoven |

mércores, 6 de maio de 2020
"Chea de vida"
Xa podedes ver o resultado da montaxe cos vídeos que me mandastes cantando a canción "Chea de vida" de Guadi Galego. Moitas grazas a todos os que vos animastes a participar, sei o esforzo que supón facelo nestas circunstacias asique todo agradecemento é pouco!!
mércores, 29 de abril de 2020
Actividades terceira avaliación
Ola a todos de novo! Estou a preparar diferentes actividades para esta terceira avaliación que poidan resultar motivadoras, entretidas coas que sigades aprendendo e que non supoñan unha carga engadida a esta situación que estamos a vivir. Para elo coloquei unhas pestanas cos diferentes cursos onde irei propoñendo diferentes actividades, aínda que moitas aparecerán en varios cursos á vez porque as podedes facer varios niveis. De todos os xeitos, podedes entrar en cursos diferentes aos vosos por se vos apetece e sodes capaces de facer outras actividades que tamén vos poidan gustar. Nesta entrada principal irei poñendo avisos ou propostas comúns a todos. O primeiro que imos traballar é a figura de Beethoven que tiña previsto para este terceiro trimestre. Aproveitando que este ano 2020 celébrase o 250 aniversario do seu nacemento. Imos coñecer a este gran músico do inicio do Romanticismo.
mércores, 22 de abril de 2020
Día do libro e Día da Terra
Hoxe 23 de abril, é o Día do Libro, unha data sinalada que no cole sempre celebramos dalgunha forma especial. Este ano non pode ser así, pero non por iso imos deixar de reocordar este día e dende a área de Música deixo a miña aportación a dita celebración."Vuela" é o título dunha canción que cantan Koers unha banda reggae xunto con Macaco. A súa letra convídanos a voar ao igual que o fan os libros cando os abrimos e lles damos a oportunidade de ser lidos, e o seu ritmo convídanos a bailar, que máis podemos pedir? Aí vos queda para que a desfrutedes.
Onte 22 de abril tamén foi outra data importante "O Día da Terra" e para celebralo con música déixovos esta bonita historia da cultura Nasca de Perú titulada "Colibrí y la lluvia". Trátase dunha narración musicada que conta a historia dun colibrí que quere calmar a sede das súas crías, pero a terra está seca e non lle será nada fácil. Espero que vos gusten as dúas suxerencias de hoxe!
domingo, 19 de abril de 2020
Cantemos todos xuntos!
Que vos parece se cantamos entre todos unha fermosa canción que nos una a pesar da distancia?
Desde a área de Música propoño que entre todos cantemos a canción "Chea de vida" de Guadi Galego, unha importante figura da música galega actual. Pode participar quen queira, dende os máis cativos aos maiores.
Como? Enviándome un vídeo ao correo ygguerra1@gmail.com Gravaredes o vídeo cantando a canción e bailándoa, facendo xestos, acompañándoa con percusión corporal ou calquera instrumento ou obxecto, sós ou acompañados.., como queirades. Tedes que CANTAR! e o resto como queirades...!!Procurade que se vos escoite máis a vós que a música. Para mandar o vídeo seguramente o teñades que facer a través dun enlace de google drive. Pedide axuda a alguén na casa para facelo se non sabedes. Cos vídeos que reciba farei unha montaxe onde saiamos todos cantando a canción e así nos poidamos ver. Sei que hai nenos e nenas que cantan moi ben asique conto con todos e todas! Esta actividade será tida en conta para subir a nota do terceiro trimestre, non para baixala.
Por que esta canción? Porque me gusta a mensaxe, porque é en galego e as veces olvidámonos de que cerquiña de nós hai moito talento musical, para que coñezades a Guadi Galego e porque imos saír desta "cheos e cheas de vida" e ademais.... e agora vén o incrible..... porque teño a posibilidade de facerlle chegar a Guadi Galego o noso vídeo. Non vos parece xenial? Pois adiante, sede orixinais e adicade esta semana a cantar sós ou en familia, veredes que ben vos senta. O prazo para enviar os vídeos é ata o martes 28 de abril. Facer a montaxe leva bastante tempo, asique segundo os vaiades tendo ideos enviando. Calquera dúbida ou problema comunicádevos comigo por correo ygguerra1@gmail.com.
AVISO IMPORTANTE!! Por favor a gravación co móbil facédea en HORIZONTAL Grazas!
A continuación déixovos a canción e a letra de "Chea de vida" de Guadi Galego. Grazas anticipadas pola vosa participación! Bicos!!
Desde a área de Música propoño que entre todos cantemos a canción "Chea de vida" de Guadi Galego, unha importante figura da música galega actual. Pode participar quen queira, dende os máis cativos aos maiores.
Como? Enviándome un vídeo ao correo ygguerra1@gmail.com Gravaredes o vídeo cantando a canción e bailándoa, facendo xestos, acompañándoa con percusión corporal ou calquera instrumento ou obxecto, sós ou acompañados.., como queirades. Tedes que CANTAR! e o resto como queirades...!!Procurade que se vos escoite máis a vós que a música. Para mandar o vídeo seguramente o teñades que facer a través dun enlace de google drive. Pedide axuda a alguén na casa para facelo se non sabedes. Cos vídeos que reciba farei unha montaxe onde saiamos todos cantando a canción e así nos poidamos ver. Sei que hai nenos e nenas que cantan moi ben asique conto con todos e todas! Esta actividade será tida en conta para subir a nota do terceiro trimestre, non para baixala.
Por que esta canción? Porque me gusta a mensaxe, porque é en galego e as veces olvidámonos de que cerquiña de nós hai moito talento musical, para que coñezades a Guadi Galego e porque imos saír desta "cheos e cheas de vida" e ademais.... e agora vén o incrible..... porque teño a posibilidade de facerlle chegar a Guadi Galego o noso vídeo. Non vos parece xenial? Pois adiante, sede orixinais e adicade esta semana a cantar sós ou en familia, veredes que ben vos senta. O prazo para enviar os vídeos é ata o martes 28 de abril. Facer a montaxe leva bastante tempo, asique segundo os vaiades tendo ideos enviando. Calquera dúbida ou problema comunicádevos comigo por correo ygguerra1@gmail.com.
AVISO IMPORTANTE!! Por favor a gravación co móbil facédea en HORIZONTAL Grazas!
A continuación déixovos a canción e a letra de "Chea de vida" de Guadi Galego. Grazas anticipadas pola vosa participación! Bicos!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













