luns, 24 de setembro de 2018
mércores, 19 de setembro de 2018
Percusión corporal
Exercicios que traballaremos a principio de curso para practicar a percusión corporal.
martes, 11 de setembro de 2018
Hoxe escoitamos...
A finais do curso pasado conseguimos algo que todos desexabamos e foi cambiar o timbre do cole tan molesto e estridente que tiñamos por música! Así pois ao longo de todo o curso imos poder disfrutar de diferentes tipos de música nas entradas ao cole, algo moito máis saudable para nós físca, mental e emocionalmente. Inauguramos o curso rendíndolle homenaxe a recentemente falecida Aretha Franklin para que a súa forza nos dea impulso para comezar o novo curso. Todo un luxo poder escoitar e disfrutar do seu talento musical.
Benvidos de novo!
Aquí estamos un curso máis cheo de ilusións e ganas de seguir mellorando e aprendendo. Benvidos a todos!
mércores, 30 de maio de 2018
A frauta de Pan de Añel
Añel de 2º B visitou a clase de música dos nenos de 1º e ensinoulles unha frauta de pan que fixo na casa. Explicoulles como a elaborou e por que recibe ese nome. Todos tiveron ocasión de comprobar como soa. Grazas Añel. Foi unha actividade moi interesante.
venres, 16 de marzo de 2018
Exercicio Musical de 3ºB
Na clase de Música os nenos e nenas de 3º B practicamos coa frauta e metalófonos este sinxelo exercicio.
domingo, 4 de marzo de 2018
xoves, 1 de marzo de 2018
Exercicio musical de 4ºB
Na clase de música de onte os nenos de cuarto B fixeron este sinxelo exercicio con frautas e acompañamento de placas e pequena percusión.
luns, 19 de febreiro de 2018
ENTROIDO
O Entroido chegou e celebrámolo por todo o alto con distintas actividades que podedes ver premendo nos distintos elementos animados da imaxe. Grazas a todos os que fixestes posible que todo saise moi ben!!
luns, 8 de xaneiro de 2018
Día da Paz
Aquí tedes as dúas cancións que imos traballar para o día da Paz, "Baile da Paz" de Mamá Cabra e "Intenta respetar" de Carlos Baute.
domingo, 7 de xaneiro de 2018
Festival de Nadal
Antes de comezar as vacacións de Nadal celebramos o noso festival de Nadal como todos os anos, no que non podían faltar bailes, cancións, panxoliñas, teatro e moitas cousas máis. Aquí podedes ver as fotos e vídeos de todo o que fixemos con tanto esforzo e ilusión.
ÁLBUM DE FOTOS FESTIVAL DE NADAL 2017domingo, 19 de novembro de 2017
Preparando o Nadal
Rematado xa o Magosto imos ir empezando a preparar o Nadal. Nesta entrada ireivos deixando o material (cancións, partituras, audios...) do traballo da clase para que practiquedes na casa e o día do festival todo saia fenomenal. Ánimo e a traballar!
xoves, 9 de novembro de 2017
Preparados para o magosto?
Mañá imos celebrar no cole o magosto con moitos xogos e como non, comendo castañas asadiñas... Precisamente estes días nas clases de música andamos a cantar unha canción que fala das castañas. Aquí vos deixo a letra e o acompañamento.
mércores, 8 de novembro de 2017
Exercicio de ritmo con palillos
Os nenos e nenas de terceiro A practicaron nunha sesión de música este ritmo con palillos chinos. Gustoulles moito e o fixeron con moita ilusión...
martes, 7 de novembro de 2017
martes, 31 de outubro de 2017
Por fin chegou o Samaín!
Hoxe 31 de outubro celebramos no cole o Samaín con moitas actividades. Irán aparecendo nesta entrada pouco a pouco. De momento podedes ver como cantan unha canción os nenos de segundo B e aos maiores de sexto interpretando coa frauta a "Marcha Fúnebre" de Chopin.
luns, 30 de outubro de 2017
domingo, 29 de outubro de 2017
Aquí non hai quen viva
Os nenos e nenas de 3º B e 4º B, fixeron uns textos de escritura creativa relacionados co samaín que levan por título "Aquí non hai quen viva". Podédelos ver no seguinte vídeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
